O Concello de Mondoñedo implantará un protocolo de control de colonias felinas

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Protectora de Animais Animals Help para a implantación dun protocolo de control de colonias felinas. A alcaldesa, Elena Candia, pon en valor a preocupación do seu Goberno polo coidado, protección e benestar dos animais.

A través deste acordo porase en marcha o método C.E.S. (captura, esterilización e solta), o único que se ten demostrado eficaz para o control da proliferación da poboación de gatos callejeros.

O método consiste na captura da maior parte das gatas das colonias para esterilizalas, desparasitalas e devolvelas ao seu territorio, tras a súa identificación. Os animais serán trasladados a unha zona habilitada polo Concello provista de casetas de madeira con chave, habilitadas tamén para que as gatas dispoñan dun espazo seguro con acubillo, auga e comida, por conta do Goberno local.

As casetas estarán deseñadas para que entren unicamente as persoas autorizadas polo Concello para proceder á alimentación dos felinos e evitarase a entrada doutro tipo de animais que os poidan poñer en risco.

A Asociación Animals Help será a encargada do traslado á clínica veterinaria para, posteriormente, devolvelos de novo ao seu entorno onde prevalecerá a defensa, protección e benestar animal.

volver