O Centro Comarcal mindoniense acollerá o venres 13 de xaneiro a presentación do informe ‘Mondoñedo, un municipio para invertir’ e a súa folla de ruta

O Centro Comarcal da localidade mindoniense, ubicado no edificio Pazo Santo Tomé, acollerá o vindeiro día 13 de xaneiro ás 13:00 horas a presentación do estudo ‘Mondoñedo, un municipio para invertir’ e a folla de ruta a seguir. Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, quen precisou que ao acto acudirá un membro da consultora estratega, así como membros do equipo de goberno.
Candia precisou que este documento, que xa foi presentado en cidades como Madrid ou Barcelona, foi encargado polo Concello de Mondoñedo para “poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que temos e captar dese xeito a inversión na nosa localidade”.

A rexedora avanzou que o estudo recolle unha pormenorizada relación dos recursos do municipio e as posibilidades empresariais que ofrece.
A situación xeográfica, a súa proximidade ao mar e aos fluxos turísticos, os seus enclaves turísticos máis destacados, o rico patrimonio histórico e arqueolóxico, as tradicións culturais e a gastronomía, as actividades produtivas… Así como os recursos naturais da localidade, a disponibilidade de chan industrial a precios asequibles, as instalacións industriales e inmobles ociosos (Ecar, edificios no rural, o antigo hospital…), incentivos públicos existentes para crear empresas ou as oportunidades relacionadas co potencial turístico e agroalimentario, son, entre outros, algúns dos asuntos que se abordan no estudo e se queren dar a coñecer.

volver