Elena Candia resolve a débeda que o anterior Goberno municipal mantiña coa Deputación de Lugo

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, revolve a débeda que o anterior Goberno municipal mantiña coa Deputación de Lugo, froito dun convenio mediante o cal a institución provincial concedía un anticipo de 33.000 euros para financiar unha achega aos investimentos municipais para darlle accesos ao Barrio de Pausalido (Argomoso).

Este convenio foi asinado no ano 2013 pola daquela vicepresidenta da Deputación provincial, Lara Méndez, hoxe alcaldesa de Lugo, e polo tenente alcalde, Modesto Díaz, ambos do mesmo partido, o PSOE.

O anticipo fíxose, tal e como recolle o convenio, porque o Barrio de Pausalido sufriu unha situación de emerxencia como consecuencia dun fenómeno natural gravoso, como foi un derrubamento. Pese ao acordo, que obrigada ao Concello a facer a devolución da achega en tres anualidade de 11.000 euros, o Goberno local só chegou a facer un ingreso.

A rexedora lamenta este novo erro de xestión do anterior equipo de Goberno, ao tempo que confesa sentir “vergoña” porque a Deputación, daquela gobernada polo socialista José Ramón Gómez Besteiro, concedera un crédito e non asumira o pagamento íntegro desta situación que podería ser considerada de xustiza social e que incluso beneficiaba a escolaridade dunha nena, afectada pola situación da estrada.

A popular censura que o Goberno de Besteiro gastara recursos públicos sen criterio cando en Mondoñedo existiu unha necesidade real de arranxar un camiño e que non facelo afectaba incluso á escolaridade dunha menor.“Resolvemos a cantidade prestada, non sen recoñecer certa vergoña porque a Deputación actuara deste xeito con Mondoñedo. Nun momento, cómpre recordar, que ademais tanto o PSOE como o BNG compartían responsabilidades de Goberno tanto na Deputación como na localidade”, conclúe a popular.

volver