Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


O actual Equipo de Goberno mindoniense retoma as obras da pista polideportiva, paralizadas nos anos de bipartito

Publicado el 17 / septiembre / 2015 por admin

Ditas construcións foron postas en marcha fai dez anos por un Goberno popular e ten que ser novamente un Executivo do PP o que as finalice

Xa comezaron os traballos de desbroces, podas de cipreses e está arranxada a cuberta do polideportivo

Mondoñedo 17 de setembro de 2015.- O actual Equipo de Goberno de Mondoñedo retomou as obras da pista polideportiva tras permanecer dez anos paralizadas polo anterior bipartito.

Trátase dun proxecto iniciado por un Goberno popular e esquecido, por completo, durante os anos de Goberno entre nacionalistas e socialistas. Será un Goberno popular o que remate esta obra  logo da nefasta xestión do bipartito, que o único que fixo foi paralizala.

Neste senso, o Equipo de Goberno informa que xa comezaron os traballos de desbroces, podas de cipreses e xa está arranxada a cuberta do polideportivo.

Publicidad

 

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.




↑ Subir