VII Torneo futbol-sala O Pasatempo Mondoñedo

Por séptimo ano consecutivo, a Asociación Cultural O Pasatempo organiza o torneo de fútbol-sala O Pasatempo  en Mondoñedo.
Este ano a data de celebración será o 12-13-14  Xuño.

Equipos galegos, asturianos e leoneses soen darse cita no pavillón mindoniense e xogadores da Primeira, Segunda, Segunda b e Terceira división do futbol-sala nacional compiten polo trofeo, exclusivo para este torneo, do escultor Juan Puchades.

Premios:
– 1° clasificado 1500€ + trofeo
– 2° clasificado 600€ + trofeo
– 3° e 4° clasificados 220€ + trofeo
– Mellor equipo local 120€ + trofeo
– Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro,
(todos os trofeos son artesanais).

Entregarase  tamén unha tarta de Mondoñedo ó MVP da final elexido polo público asistente.

A inscrición é de 110€. Árbitros federados todo o torneo. Descontos en aloxamento ós equipos.

Para apuntarse: 630314749 e 651958770 (tamén por whatsapp)

Publicidad