Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


Comeza o V Marathon Futbol Sala O Pasatempo

Publicado el 08 / junio / 2013 por admin

Este ano o público terá un protagonismo especial xa que poderán escoller ó mellor xogador da final. Será unha fin de semana intensa na pista mindoniense, xa que tódolos equipos terán xogadores de gran nivel e inclusive profesionais do fútbol sala (primeira, segunda división e categorías inferiores).
Xa está todo preparado para a celebración dunha nova edición do Marathon de Fútbol Sala O Pasatempo que comeza o venres 7 de xuño. 24 equipos van participar nesta edición para conseguir chegar á final e gañar os 1.500 euros do primeiro premio. Os partidos comezan ás 21 horas do venres e disputaranse durante toda a fin de semana no Pavillón Municipal de Mondoñedo. A gran final será o domingo 9 ás sete da tarde.
Neste quinto ano de torneo van participar equipos da provincia, Asturias e León. Como equipos mindonienses estarán O Club de Vagos, Discotecamovil Eventec FS, Retoka, Maderas García, New Team e O Rincón de Mondoñedo; dende Lourenzá, Santa Cruz FS e Vilou FS; CD Guilifonso de Alfoz e Peluquería Quimera de O Valadouro son outros equipos da comarca. Tamén haberá equipos dos concellos costeiros, de Burela Llourinhos e o CD Burela FS Pescados Rubén; de Viveiro Os Trasnos, Restaurante Nito e Carnicería Mariño e de Foz, Ecoboneco. Dende Asturias chegan Sidrería San Blas-Javimar (Tapia), Royal Sport (Xixón), Casa Paulino (Taramundi) e Rapalacois (As Figueiras). Como representantes do resto da provincia de Lugo acudirán Cafetería A Pravia (Vilalba), Vilar de Vela (A Fonsagrada) e Restaurante Manuel Manuel (Lugo). Dende Astorga chega o equipo Santo Cildes.
Esta edición será unha das máis disputadas polo elevado nivel dos equipos. Estarán presentes os tres gañadores das edicións anteriores: O Club de Vagos(2009, 2010), Peluquería Quimera (2011) e Restaurante Nito (2012). Hai ademais outros equipos que se perfilan como favoritos como o Vilar de Vela, Rest. Manuel Manuel ou Llourinhos. Na pista poderán verse grandes xogadores, por exemplo moitos dos membros so Sidrería San Blas-Javimar son exxogadores do Superti da Pontenova e militan agoa no Cong. Egea de Tapia, Discomovil Eventec contará con activos de O Esteo e o CD Burela FS Pescados Rubén é un equipo que xoga en división nacional na categoría xuvenil.
Ademais este ano haberá sorpresa para o público, xa que poderán decidir quen será o mellor xogador da final do domingo. A través da páxina de Facebook da Asoc. O Pasatempo, durante o encontro poderán escoller a aquel membro dos dous equipos que máis lles guste e o máis votado recibirá o seu trofeo como MVP.
Ademais de deporte, no exterior do pavillón poderase visitar a exposición de escultura en pedra do artista Fernando Vilariño, durante toda a xornada do domingo.
Dende a organización, a Asoc. Cultural O Pasatempo quere agradecer a tódolos equipos participantes, os anunciantes e aqueles que colaboran na realización deste evento a súa colaboración. Nos tempos que corren é un gozo poder contar con tan bos xogadores e colaboradores que cada ano mostran o seu apoio para facer posible a celebración dun torneo que xa se converteu nun éxito na Mariña.

Cadro emparellamentos definitivo

 

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.




↑ Subir