O emprego na Mariña

A plataforma Comarca de Mondoñedo Unido creouse coa premisa de facer canto se puidese para loitar contra a desfeita que supuxo o peche de varias empresas da comarca tales como o ERE de Muebles Ermida en Vilanova de Lourenzá e o peche de Finsa-Ecar en Mondoñedo. Está claro que na ampla zona da Mariña foron moitas mais pero circunscribirémonos a Mondoñedo e as cidades do seu entorno que xa temos dabondo de que falar. Os Concellos fan o que poden e así nolo demostrou o de Mondoñedo na ultima xuntanza onde se concretaron rutas e tempos para seguir traballando, por exemplo para facer a reunión cos novos políticos saídos das ultimas eleccións que formarían parte da Mesa de Seguimento da Crise Industrial para ver de amañar moitos dos temas pendentes.

E en canto o que se fixo ata hoxe, redúcese a esperar á boa intención das empresas que teñen no seu punto de mira a súa instalación industrial nesta zona, e cando estamos a espera da decisión sobre da situación na que quedaría  Mondoñedo coa nova Lei de Planta para os Xulgados, que nos fai estar en vilo, chegan dúas noticias pouco tranquilizadoras e que nos dan medo.

A primeira é que non sabemos a intención da Xunta cando aproba a oferta que fai Viveiro do edificio da súa  biblioteca para ampliación dos Xulgados.Que quer dicir?

Que non se van pechar os xulgados en toda a Mariña?

Que vai ser o único que quede na zona e os demais hai que pechalos e como é pequeno e hai que facelo mais grande é necesita o espacio da biblioteca?

Da suba das taxas xudiciais dise ¡Que non pretenden recadar cartos! Si esto é certo, corresponde a verdade a versión  que di que se fai por despexar de traballo os xulgados. Entón estamos aviados. Con esta medida restan traballo ós xulgados, e o ter menos traballo poden prescindir de algún: Por exemplo dos da Mariña Se non hai preitos para que queremos xulgados! Un xa non sabe que pensar.

A segunda é o peche do supermercado Cemar desta cidade.

E unha magoa xa que ten un persoal competente, amábel, e ademais os postos de traballo que ten, son verdadeiramente útiles na zona, pero xa se viña vir, pois habendo como hai un supermercado representante da casa Covimar nesta cidade a marca desta empresa xa tiña cuberta a súa cuota neste relativamente pequeno mercado.

Cada posto de traballo que se perde, polo motivo que sexa, é un revés na aspiración dos habitantes desta zona de ser persoas cos dereitos que a Constitución nos da e que estamos a perder por culpa… De quen? De que? Por qué? Qué fixemos? Que non fixemos? Que imos facer? Preguntas moi sinxelas de contestar pero imposibles de levar a cabo tal e como estamos. É unha falacia dicir que vivimos por riba das nosas posibilidades. Só os que manexaron os cartos o fixeron, viviron cos cartos dos demais por exemplo gastándose os aforros de quén confiaron en eles.

Que caro está o traballo, co fácil que seria inverter os cartos en crealo e despois de telo, cada cidadán co que pagara de imposto, e mercara nas tendas faría funcionar a economía. Pero é moito mais fácil obedecer a quen nos fundiu; as Vacas Sagradas chamadas vulgarmente Bancos. Estannos a convencer a forza de que só eles poden salvarnos facéndose eles mais ricos. Entramos na época da Beneficencia.

Fdo: Xosé Ruiz Leivas

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate