La empresa de biomasa instalará en Septiembre una oficina en Mondoñedo

Nota de prensa.

A plataforma Mondoñedo Unido que aglutina a práctica totalidade de asociacións culturais, deportivas, veciñais e empresariais dos Concellos de Mondoñedo e Lourenzá continúa en contacto coa empresa Eogal Bioenerxía para seguir o proceso de instalación dunha planta de biomasa no municipio. A empresa informou aos representantes da plataforma que ten intención de abrir unha oficina en Mondoñedo no vindeiro mes de setembro que servirá de ?base loxística dos distintos técnicos que acometerán o proxecto así como de punto de recollida de currículums para o proceso de selección de persoal que se levará a cabo?, tal e como indicaron representantes de Eogal Bioenerxía.

Esta empresa mantén tamén contactos coas comunidades de montes da contorna para establecer convenios de suministración de materia prima para a planta de biomasa, ?Algunhas destas conversas xa están moi avanzadas?, segundo comentan responsables de Eogal Bioenerxía.

A finais do mes de semtembro ou comezos de outubro, Mondoñedo Unido celebrará unha asamblea na que ademais de informar aos representantes das asociacións dos trámites de instalación da planta de biomasa como a visita realizada recentemente a unha planta de biomasa en Tineo, tamén se tratarán cuestión relativas á promoción comercial, empresarial e turística dos municipios.

mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo ? regístrate