Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


Manolo o culpable

Publicado el 09 / agosto / 2012 por admin

Atopei a meu amigo Manolo un pouco preocupado, eu diría que ata algo alporizado cando xa de retirada do mercado do xoves ía camiño da casa sen mercar nada. Coma sempre alegreime de velo e quixen transmitirlle o meu contento pero díxome un pouco aspro.¡Saca de aí que non estou para bromas! Díxome con cara de tristura mais que de xenio. E. Logo? Preguntei eu sorprendido.  E foi cando Manolo se mostrou como é. Aberto, franco e sabido coma sempre. “Ti non te decatas do que esta a pasar? . ¡Pois home eu… A verdade que non sabia por onde ían os tiros así que calei esperando que me aclarase a situación e así foi.

.-Voume para a casa axiña por medo a que calquera truán me sinale e diga berrando ¡Foi ese! E me colguen a min as culpas. Despois de oílo quedei ca boca aberta.Abofé. Pero el seguiu . .-Agora resulta que ningún  dos presidentes, directores, conselleiros e demais dirixentes dos bancos e das finanzas que nos trouxeron ata aquí, ten a culpa de nada, non son responsables de nada e ademais  “non tiñan poderes”  eran “figuras institucionais” e “mandaban os consellos” os homes non, polo tanto son coma anxeliños.

Bueno… é o que nos contan… lle dixen eu quitando ferro, pero diso a que te sinalen a ti que case nunca pisaches un banco a non ser para ingresar cartos…

.-Cala parvo! Díxome algo alporizado. Pensas logo que non han buscar un culpable?  E seguro que calquera servira polo que, por se acaso, voume meter na casa ata que esto se amañe, non sexa o demo!.  Mais que para tranquilizalo que por outra cousa ocorréuseme dicirlle que; O mellor teñen razón e non tiñan poderes nin nada deso que din..

.-Carabillo¡ entón mellor mo pos. E se non son responsables de nada, nin tiñan poderes nin nada de nada, entón por que cobraban esa millonada de cartos ó mes, por saír na foto, ou ir de inauguracións, ou pola súa cara bonita, ou por ser amigo de… ou para que calasen a boca de canto se facía agachando as orellas. Un home que traballa nun banco e cobra unha millonada cada ano “polo seu traballo” en algo traballara, digo eu, ninguén lembra que eses cartos os gane ningún conserxe. Polo tanto ou maquinaron os “furados” que teñen os bancos ou estafaron os accionistas por cobrar soldos millonarios por non facer nada. Por iso penso que aínda han sinalar a algún inocente para cargar coa culpar. Anque pensando ben, igual lle pagan por aceptala.

.-Manoliño cando te pos, es o demo, porqué non tomamos un café e nos esquecemos de todo, di? Eu díxeno pero a cachola dábame voltas por canto falou meu amigo, pois como case sempre igual tiña razón.

Fdo: Xosé Ruiz Leivas

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo ? regístrate

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.




↑ Subir