Os xuíces e as cidades mariñáns

Esta clarísimo que á escala social e económica à que pertenzo non debe ser moi aló, xa que gústame a rabiar a miña cidade, Mondoñedo. Aclaro esto por que lendo un estupendo artigo publicado no xornal A Mariña hai uns días (2/6 páx.6) o Ex-Ministro de Xustiza D. Francisco Caamaño fai unas declaracións sobre do que ían facer cos xulgados cando el mandaba que inclúe unhas opinións que por sorprendentes repito: “…os sectores conservadores dos xuíces… seguen pensando que un XUIZ NON DEBE vivir nun sitio pequeno como Mondoñedo ou Viveiro ou Ribadeo. Eles pensan que seu estatus ten que levalos ás cidades” ¡Viva o meu estatus que me permite vivir na cidade mais fermosa do mundo! ¡Ala eles se lles da vergoña vivir en calquera das feiticeiras vilas desta simpar Mariña lucense que dende que Deus a fixo rompeu o molde e tirouno o río Masma que nos leva ó mar da Mariña que baña con mimo dúas das tres cidades vedadas polos xuíces! Ribadeo, porta e chave de Galicia, Viveiro cidade do Rei, Mondoñedo protectora do espírito da paz, perdoade a quen vos insulta por que eles xamais terán o voso estatus, aínda que coñecendo a vosa xenerosidade sei que sempre recibides con agarimo a quen a vosoutras se achega.

Agora entendo o que quere dicir “fin de semana caribeña” agora entendo porque collen as carpetas cheas de traballo e se marchan a Marbella a traballar os fins de semana, agora entendo porque traballan nos restaurantes cando comen e ademais invitan a facelo os que andan en preitos, para acabar axiña o traballo, claro. Agora entendo porque todos escapan da vila de Madrid para á grande cidade de Marbella.Todo polo estatus.¡Tenche estatus a cousa!

O Sr Ex-Ministro de Xustiza cando fala desto debe sabelo de primeira man, e é unha magoa que non haxa dubidas da súa veracidade pois é moi duro constatar que xa van dous ministros da xustiza española que se lembran de  Mondoñedo pero para mal, sendo esta unha cidade pequena, fermosa, agarimosa con quen a visita, e chea de xente traballadora, culta e respectuosa coa xente, e que so quer vivir traballando en paz

Fdo : Xosé Ruiz Leivas

Volver a inicio

Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate