Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


Sempre Mondoñedo !!

Publicado el 21 / diciembre / 2011 por admin

O pasado día 17 do actual tivemos a gozosa oportunidade de asistir en Mondoñedo ó acto co que remataban as celebracións que ó longo do ano tiveron por marco distintas vilas e cidades de Galicia, co gallo de cumprirse os cen anos do nacemento do eximio escritor, o mais ilustre fillo da cidade episcopal: Alvaro Cunqueiro.

Os mindoniense, unha vez mais, deron a talla amosando ós centos de asistentes   o que é o seu tradicional talante, o talento,   o enxeño e as dotes para canto ten que ver coa cultura, expresada, sobre todo, a través da arte de Talía,   de grande vistosidade,   e a música vocal ou instrumental, facetas que foron prodígadas ó longo da noite.

Unha singular “Noite de Merlín”, que tivo como motivo central a representación .en cuxa montaxe participaron uns 200 veciños, de tódalas idades, baixo guión de Elías Noel Fdez. Ferreira e a   colaboración da Escola de Música, dirixida por Xan Carballal; Paco Piñeiro e persoal técnico dos grupos dos que é creador e director e Isidoro Rodriguez e Mita Adriana, avezados creadores e directores de espectáculos de música e danza, que na obra concebida para a ocasión, fixeron de relator e bailarina principal . A imaxinación e a fantasía, que non podían faltar na homenaxe ó gran fabulador, mantiveron a cotío o expectante interese dun público entusiasta e moi numeroso que vivíu a experiencia inesquecible dunha noite lúdica nun entorno inigualable: as   rúas mindonienses que gardan entre as vellas pedras, labradas por históricos artesáns, as ancestrais melodías dos seus músicos insignes e os versos dos poetas do seu nutrido parnaso, todo o feitizo e o engado da vella e romántica cidade. Non é doado, noutro lugar, disfrutar de tanta beleza.

Os colectivos locais “Xoldra”, ”Pasatempo”, “Pena do Unto”e o numeroso público marcharon, dende a praza da catedral, ata o auditorio, con breve alto na praza do concello para, dende o balcón do mesmo,o gobernador das Terras de Miranda (personaxe interpretado polo alcalde de Mondoñedo),dirixirse a tódalas xentes das Terras de Miranda implorando a volta da maxia e da luz á cidade e á sua bisbarra, ceibando a cada intre, naquel ambiente ledo e festivo, o berro reivindicativo:

“¡ Queremos luz!”.

Pola mañán tivera lugar unha Táboa Redonda coa participación de   Armando Requeixo, profesor ; Antonio Reigosa, escritor, presentados e moderados por Fran Bouso, mestre. Foi rendida alí homenaxe ó carismático “Merlín” que personifica Manolo Montero que coa súa presencia polas rúas contribue moi eficazmente a popularizar o mítico personaxe cunqueirano e con él o nomde da cidade. .O profesor, escritor, poeta e director de teatro Francisco Piñeiro presentou unha brillante moción sobor do teatro na obra de Cunqueiro que leo a súa dona Paz, coa galanura e a sensibiidade da grande actriz que é, pois Paco non puido redondear coa súa presencia o importante traballo realizado na montaxe de tan exitoso evento: aquel día tivo que cumplir   ca triste obriga de dar sepultura ó seu pai.Vaia novamente para o querido e admirado amigo a expresión do noso sentimento.

Cabe destacar o esforzo titánico de quenes foron os inspiradores   do evento : Luis Fdez. Ansedes e os compañeiros de directiva da asociación “Abrindo Camiño” entidade organizadora desta edición especial de A Noite de Merlin.

E en todo caso a exemplar actitude dos mindonienses que deron unha lección de bó facer. ¡ sempre Mondoñedo!

SUSO FERNÁNDEZ
Volver a inicio

Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.




↑ Subir