A Praza da Catedral de Mondoñedo acolle este domingo o I Encontro de Bandas ‘Lodeiro Piñeiroa’

A Praza da Catedral do Concello de Mondoñedo acolle este domingo, a partir das 17:30 horas, o I Encontro de Bandas ‘Lodeiro Piñeiroa’, coa participación da Banda de Música La Lira de Luarca e da Banda Filarmónica de Lugo.

Este primeiro encontro está organizado polo Concello de Mondoñedo en colaboración co Plan Nacional de Bandas de Música. No evento intervirán tamén como comentaristas tres directores pertencentes á Asociación Nacional de Directores de Banda de España. As súas análises publicaranse a través da ANDB.

A cidade de Mondoñedo foi elixida fai un mes para a celebración dun concerto da Banda Sinfónica Infantil de Galicia e de novo, o entorno da Catedral acolle de novo un recital coincidindo co 70 aniversario do Concurso de Bandas  celebrado en Mondoñedo en 1946.

Volver a inicio