A piscina de Mondoñedo pecha a campaña de verán cun ingreso de máis de 5.000 euros

O edil de deportes salientou as numerosas actividades levadas a cabo na instalación deportiva e agradeceu ao persoal e aos voluntarios o traballo realizado

Mondoñedo, 15 de setembro de 2015.– O edil de deportes, Manuel Tapia, informou esta mañá que a piscina municipal mindoniense salda a temporada de verán en positivo tras pechar as súas portas cun ingreso de 5.212.50 euros.

Tapia explicou que partindo duns gastos iniciais, que oscilaron entre os 8.000 euros, entre persoal e suministros, e cunha subvención para a contratación dun socorrista, leváronse a cabo diferentes actividades para facer máis participativo o uso das piscinas.

O popular manifestou que durante o verán celebráronse nestas instalacións varias actividades para fomentar o seu uso e citou os cursos de natación, distribuídos en cinco grupos para dar maior cobertura e eficiencia ao curso, e os torneos de waterpolo .

O edil de deportes mindoniense tamén resaltou que nas instalacións exteriores celebráronse torneos de fútbol-sala, baloncesto, partidos amistosos con equipos dos Concellos limítrofes de Abadín e Lourenzá coa intención de achegar máis usuarios á piscina.

Tapia explicou que a única incidencia foi o peche das piscinas dous días antes, debido a un problema de falta de tempo para realizar unha hipercloración,  e polo demais agradeceu ao persoal e aos voluntarios o traballo desenvolvido e convidou aos usuarios a repetir e acudir ás piscinas mindonienses os vindeiros veráns para desfrutar e combinar deporte con ocio.

Publicidad