A cidade de Mondoñedo volcada co seu equipo

A dúas xornadas para que remate a liga, o Mondoñedo FC xógase a súa permanencia na categoría. Este domingo 19 recibirá ao Foz no Viñas da Veiga ás 17:00 horas.

O sector da hostalería impulsa unha xornada especial con promocións e descontos para os seareiros.

A directiva do club xunto cos hostaleiros da cidade poñen en marcha unha xornada de domingo diferente. Os establecementos colaboradores ofrecen tapas especiais elaboradas para a ocasión bautizadas co nome do club, descontos aos afeccionados que acudan coa bufanda e incluso un lote de produtos que se sorteará durante o descanso do partido entre todos aqueles que anteriormente cuñen a súa cartolina polo menos en tres dos locais participantes.

Esta iniciativa acontecerá na propia cidade de Mondoñedo o vindeiro domingo 19 dende as 12-30 ata o momento do esperado encontro, MONDOÑEDO – FOZ, que terá lugar no Viñas da Veiga ás 17:00 horas.

Baixo o lema de “xuntos conseguiremos a permanencia, Mondoñedo FC somos todos” queren transmitir unha mensaxe de unión para darlle alento ao equipo e axudarlle a acadar a tan ansiada vitoria.

Volver a inicio

Publicidad