As perdas e as ganancias

O desmantelamento do tecido social de España en beneficio da propiedade privada esta a un ritmo moi aceptable e os donos da Europa do Euro refréganse as mans co ben que lles vai nesta maltratada nación co traballo que fan para eles os fillos da Iberia que pensan que so os empresarios particulares (lease multinacionais) son quen de levar ben os negocios. Desde logo esta demostrado que os políticos non son quen de levar un negocio, pero si que saben como desmantelalo para dárllelo a seus adorados empresarios como tributo ao benestar financeiro . Escolas, hospitais, empresas estatais ou municipais, todo é mellor dárllelo os grandes comecartos para así cumprir coa súa doutrina de que o primeiro e único fin, é o empresariado, que son os que saben de cartos e de como gañalos. Pero se empresarios particulares arruínan ó pais, como fixeron os bancos entón son os cidadáns os que deben sacalos da miseria porque, pobriños, seria un terrible mal para España que os que xogan a Bolsa perderan un euro, é coma se a un xogador do casino tiveran que restituírlle os cartos que perdeu no xogo, os empregados do concello e da praza de abastos, por que así volvería a ter cartos para volver a xogar e os donos do Casino non perderían clientes. Xogar á bolsa é así, coa avaricia de gañar, os bancos xogan, e se perden, entón os políticos restituínlles a “liquidez” e todos felices xa que con esa actitude o político asegura un posto de Conselleiro ou no banco ou nunha empresa  afín ó banco ( o posto non é de traballo é de conselleiro).

Xa vemos como fai  Europa, dannos créditos se realizamos cambios nas políticas publicas que so benefician os inversores financeiros. Pois os nosos políticos aínda o fan mellor; non pediron créditos –o que parece ser bo- pero fixeron as reformas. Xa temos mortos por suicidio debido a esa política. Ata onde chegaremos?

Porqué ese empeño dos políticos en demostrar que un negocio estatal ou municipal dirixido por políticos non é igual  que un negocio dirixido por un NON político?.

Tanto van mal uns como os outros. Claro que o que se fai co Hospital da Princesa de Madrid non é desmantelar, faltaría mais, é modificar a utilidade, pois de ser un hospital modelo por investigación pasara a ser unha residencia especial de anciáns, ou sexa un hotel para maiores en mans privadas.

Esta claro que se non saben diferenciar entre un ben social dun negocio esta ben que so sexan políticos. Pero coidadiño, moitas das vantaxes socias das que desfruta (ou desfrutaba) o pobo son cousa de políticos, e moitas das cousas malas que padece o pobo son cousas dos negocios privados.

Non malvendamos o que temos e mellorémolo, que se pode, e que pensen os que mandan que se as ganancias das industrias, dos negocios e dos bancos, nunca deben ser socializadas cando hai bonanza, tampouco deberían socializarse a perdas cando as cousas van mal como ocorre agora e isto reza para os negocios privados pero para os negocios de titularidade publica, ocorre que as ganancias son para o estado, polo que se vai mal, si se poden socializar xa que as perdas e ganancias son do pobo e non do meu amigo Manolo.

Fdo: Xosé Ruiz Leivas

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

PUBLICIDAD

LA LIBRERÍA, estas navidades descuentos de un 5 % y un 15 % en libros mochilas y regalos