OS DESEÑADORES

Nestes días os que manexaron os fíos dos monicreques de Bankia e Novagalicia, están sendo estudiados pola Fiscalía do Estado por si “as moscas”. En realidade buscan os responsables de deseñar o modo de sacarlles os cartos os impositores que non os inversores que son dúas cousas distintas. E como se supón que fan?

Nunha habitación, e sobre dunha mesa traballa un deseñador de roupa, despois o seu traballo lóceo una moza na pasarela levando os aplausos. Uns enxeñeiros traballan deseñando un motor de coche que despois faralle subir o podio o gañador da carreira. E así ata o  infinito, xa que tras dun triunfo sempre existe un deseñador de algo. Pero o resultado final non sempre é o triunfo ou a fama, tamén están os cartos ou a cárcere. Por exemplo, segundo vemos na tele algunha vez os deseñadores rómpense os miolos en deseñar os modos de transportar a droga ata chegar a vendela e se todo sae ben énchense de cartos e si sae mal prenden a quen a transporta – non o deseñador – os que rouban un banco deseñan como facelo, fan planos, miden tempos, acumulan datos que resumen nun plan, se todo sae ben hai cartos e se sae mal, pois cárcere para  os actuantes. pero o deseñador igual se libra dela, aínda ai moitos mais casos deses, e ocorréseme que cando un banco ofrece un producto “lixo”  alguén o deseñou. Témolo exemplo das  “Preferentes”, alguén chegou un día o banco coa idea e presentouna na mesa onde se reúnen os conselleiros, onde soe participar algún dos políticos retirados e en nómina do banco, e alí, supoño que a media luz para non se ver as caras uns a outros deseñan a trampa legal, o roubo camuflado de legal, ou a estafa consentida das famosas “Preferentes” onde se todo sae ben énchense de cartos e se sae mal como esta ocorrendo, os que perden son os directores de sucursal cómplices secundarios, pero os deseñadores, os que a luz dun candil, agochados, e disimulando a voz porque sabían que estaban sacándolles os cartos con ”pluma” (non con pistola) a tódolos aforradores inocentes e lles daba algo de vergoña que ninguén os vise, a eses so os botan do traballo con indecentes e millonarias e polo visto legais  indemnizacións. Porque eles non foron, foi o Banco, si, ese edificio presuntuoso que todos coñecemos, feito de cemento ou do mesmo producto que teñen na faciana os deseñadores dos productos bancarios, e que na porta dos seus despacho locen un cartel que di  “Nos somos honrados. Vostedes parvos egoístas” .

Teña coidado amigo. Alguén segue deseñando nos bancos e si se fan ricos, pagarao vostede e se sae mal, pagarao vostede a traveso de Estado e os empregados das sucursais.  Sempre seremos Vostede e mais eu os culpables, por picar no cebo dos intereses elevados que nos sacaran de traballar, pero nunca un deseñador.

Será capaz, esta vez, a Fiscalía de pórlle nome a algún deseñador? Algún mindoniense que esta nas redes das “Preferentes” agradeceríao para que lle devolvan o que é seu, e lle quitaron con un  artigo ben deseñado polo deseñador do banco.Por suposto legal, faltaría mais, e se non, que llo pregunten a quen mercou “preferentes” de deseño.

Fdo: Xosé Ruiz Leivas

volver a inicio

mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo ? regístrate